Inicio
Horario da Feira
Mañás de 11 a 14:00 h.
Tardes de 16:00 a 20:00 h.

Descarguese aquí o diptico da feira.

Dous son os obxectivos fundamentais da Fundación de Feiras e Exposicións, Expourense: por un lado, a dinaminación socioeconómica da provincia en particular, e de toda Galicia en xeral, e polo outro a atención a todos os grupos sociais que compoñen a sociedade galega, entre os cales se atopan os nosos maiores.

GALISENIOR é a única feira destas características que se celebra no noroeste peninsular e que está especialmente dirixida ás persoas maiores, ás súas familias e aos profesionais que traballan neste sector.

Este salón ten o obxectivo de conceptualizar "a vellez como unha etapa máis da vida" participando na sociedade, a través de todo tipo de actividades e da aprendizaxe, coa colaboración das institucións públicas e privadas. Unha aposta pola innovación para responder ás necesidades dun dos segmentos da poboación máis importantes.

Esta nova edición pretende ser un punto de encontro dun amplo abano de expositores, reflexo das especializacións na atención a este importante colectivo entorno ó seguinte eixo:

GALISENIOR ofrecerá unha ampla mostra de produtos proxectados exclusivamente a brindar unha mellor calidade de vida aos nosos maiores, proporcionándolles a oportunidade de intervir activamente na sociedade, fomentando a súa autonomía, independencia e liberdade. Por outro lado, poñerase en coñecemento de todos os profesionais e das súas familias os servizos de atención que ofrecen entidades públicas e privadas. Con todo iso, perséguese orientar a este colectivo, abordando entre outras cousas, unha preparación física e psicolóxica que permita gozar dun envellecemento activo e saudable.

A décima edición converterase nun escenario no que a súa participación é vital de cara a reforzar este sector e ofrecer unha plataforma de intercambio para usuarios e público profesional.

GALISENIOR é tamén punto de encontro de profesionais do sector xerontolóxico. A súa finalidade será analizar e profundizar nos servizos e na atención que require este segmento da poboación, así como presentar oportunidades neste campo en continua evolución, que contempla novas alternativas de lecer e de formación.

 

 

Tódolos dereitos reservados Aviso legal - 2017 - info_galisenior@galisenior.es