Inicio

BASES CONCURSO DE COCIÑA GALISENIOR 2016

  • Denominación e obxectivos:

Expourense, no marco de Galisenior “Salón Internacional das Persoas Maiores”, convoca o II Concurso de Cociña Saudable Galisenior 2016. O seu obxectivo é promover hábitos de vida saudables e un envellecemento activo.

  • Participantes:

Este concurso está dirixido a afeccionados/as á cociña maiores de 60 anos. A participación pode ser a título individual ou representando a unha asociación ou colectivo.

  • Inscripcións:

As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude dirixíndose a Expourense, no teléfono: 988 36 60 30 ou a través do email marketing@expourense.org, ata as 13.00 horas do mércores 18 de maio 2016. Na solicitude deberán facer constar nome, apelidos, domicilio, teléfono e dirección email do participante, (ou dos que integren o equipo si é de forma colectiva) e a receita do prato que presenten a concurso.

  • Condicións de elaboración:
  • Os pratos a confeccionar serán de libre elección por cada participante.
  • Deberán utilizar ingredientes saudables (materias primas non elaboradas, produtos frescos, de baixo contido en sal e azucre…).

 

  • Elementos necesarios para a confección dos pratos:

A organización pon a disposición dos concursantes a cociña así como utensilios e materia prima básicos. O resto de ingredientes ou as ferramentas específicas que se requiran deberán aportarlas os participantes.

  • Funcionamento:

Unha vez pechado o prazo de recepción das receitas, o xurado seleccionará 6 de elas como finalistas e estas deberán ser elaboradas durante a feira Galisenior. Os pratos finalistas serán cociñados en directo durante a celebración do salón, ante os membros do xurado designados para este concurso.

O tempo dispoñible para a execución será de 30 minutos. Poderán traer a materia prima previamente preparada, cortada ou semielaborada.

Cada día do evento (25 e 26 de maio) participarán tres finalistas. Entregaranse un premio por día.

 

 

  • O Xurado:

O xurado terá en conta para a elaboración dos pratos:

  • Presentación.
  • Orixinalidade.
  • Uso de ingredientes saudables.
  • Practicidade na elaboración.
  • Receita económica e con ingredientes doadamente localizables.
  • Sabor e texturas.

 

Os pratos se calificarán do 1 ao 10 tendo en conta os aspectos anteriormente citados.

O xurado estará composto por membros do Comité Asesor de Galisenior.

  • Premios:

Entregaranse unha placa e un diploma a cada un dos finalistas.


O premiado de cada día (25 e 26 de maio) obterá un vale para gozar dunha estancia nun balneario ou casa de turismo rural.

O fallo do xurado será inapelable e, en caso de que proceda, poderá deixar deserto algún dos premios, así como adoptar as decisións oportunas para o bo desenvolvemento do concurso.


 

 

Tódolos dereitos reservados Aviso legal - 2018 - info_galisenior@galisenior.es