O Conselo da Xunta acaba de aprobar o decreto que desenvolve a Lei de Servizos Sociais de 2008, no relativo aos servizos sociais comunitarios e ao seu financiamento. Esta normativa permite axilizar e optimizar o financiamento destes servizos prestados polas entidades locais.
As principais modificación relativas ao financiamento son as seguintes:
- No caso dos servizos sociais básicos, pásase dunha convocatoria anual de subvencións a un proceso de transferencias anuais que permitirá adiantos. Estas transferencias destinaranse, principalmente, a gastos de persoal, servizo de axuda no fogar na modalidade de prestación básica, e xestión doutros programas non específicos.
- No caso dos servizos de axuda no fogar por dependencia, o pagamento realizarase trimestralmente a través da posta en marcha dunha nova aplicación informática que permite compartir información entre Xunta e concellos. Esta pagamento trimestral aliviará a situación financeira dos concellos e contribuirá a mellorar a calidade na prestación deste servizo. A contía calcularase en función do número de persoas atendidas e das horas mensuais de atención prestadas.
Este novo decreto incide, tamén, nun punto esencial para a prestación dos servizos públicos en xeral, e dos sociais en particular. Así, articula unha mellor coordinación en todo o sistema galego de servizos sociais. Para conseguir este obxectivo determina a coordinación das competencias dos concellos, das deputacións e da propia Xunta. En concreto, establece que as deputacións prestarán prioritariamente "asistencia económica, técnica e xurídica" aos concellos de menos de 20.000 habitantes na execución das súas competencias en materia de servizos sociais comunitarios básicos.
Outro punto destacado do decreto é o relativo ao "profesional de referencia" que se asignará a casa persoa que acceda ao sistema de servizos sociais, co fin de dar coherenecia e continuidade ao itinerario de intrnevciones e garantir o acceso aos diferentes servizos. Trátase dun profesional que se converte no interlocutor principal das persoas que se lle asignen para garantir a intervención.
Por último, a normativa refírese ao denominado expediente social único (do que se encargará o profesional de referencia) no que se recopilaraán datos de identificación da persoa, a súa situación social, elementos empregados na intervención, valoración desta, etcétera. É dicir, no expediente reflectiranse todos os servizos prestados.
Segundo sinalaron no Conselo da Xunta, "a normativa concreta e moderniza a regulación dous servizos sociais comunitarios e incrementa a seguridade xurídica, ao tempo que establece un marco normativo para un financiamento máis áxil e eficaz, que favorece a continuidade e estabilidade déaste financiamento".
Fonte: Entremayores.es