Inicio

 

06-03-2014 Sesión científica na Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia

Organizada pola Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría en colaboración coa Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, desenvolveuse na sede da Real Academia unha mesa redonda sobre “envellecemento Neuropsocolóxico: Bases para a Valoración e a Intervención” na que trala presentación de rigor levada a cabo polo Catedrático de Menciña e Académico Numerario do Sillón de Neuroloxía, Prof. Manuel Noya, os conferenciantes, todos membros da SGXX, expuxeron os seus temas referidos ao declinar cognoscitivo e as bases para a valoración e a intervención.

O Presidente da Sociedade e académico Correspondente, Prof. Millán Calenti fixo unha breve introdución ao tema, sinalando as altas cifras de prevalenza e incidencia, tanto do deterioro cognoscitivo leve (22% dos maiores de 65 anos en Galicia) como das demencias (10% das persoas maiores de 65 anos), polo que estima de vital importancia pór en marcha estratexias que dirixidas á poboación xeral permitan detectar o deterioro cognitivo nas primeiras fases, como elemento clave para establecer programas de intervención adecuados.

Trala súa intervención, o Prof. David Facal, Vogal de Psicoxerontoloxía da SGXX, disertou sobre o “continuum” entre o normal e o fisiolóxico e o anormal ou patolóxico, no desenvolvemento das demencias. O Prof. Raimundo Mateos, Vogal Clínico, estableceu o marco asistencial de actuación ante as demencias e puso en valor a labor realizada dende a única unidade de psicoxeriatría de Galicia que él dirixe. A Dra. Leire Lodeiro, Tesoureira da SGXX, logopeda e experta en intervención en pacentes con demencia puso en relevo a importancia da detección dos trastornos da linguaxe nas persoas con demencia así coma a intervención específica sobre esta área e, por último, Dª. María Areñas, traballadora social e vogal de esta área na SGXX desenvolveu o tema de programas e servizos dirixidos aos coidadores de persoas con dependencia. 

Fonte: www.sgxx.org




Imágenes asociadas

Tódolos dereitos reservados Aviso legal - 2018 - info_galisenior@galisenior.es