Inicio

 

13-03-2014 O comité asesor de Galisenior 2014 reunirase este martes en Santiago de Compostela


  • >> O 9º Salón Galego das Persoas Maiores terá lugar en Expourense os días 14 e 15de maio e prevese a visita tanto profesionais como maiores procedentes de toda Galicia

    >> O comité asesor, integrado polos principais axentes sociais do sector, elaborará o programa de actividades da feira

O comité organizador de Galisenior reunirase o vindeiro martes 18 de marzo no Hotel Puerta del Camino de Santiago para perfilar as actividades da vindeira edición do Salón Galego das Persoas Maiores que se celebrará en Expourense os días 14 e 15 de maio e que terá como obxectivos principais o de centrarse na detección precoz da dependência e fomentar o envellecemento activo e saudable. Esta cita, de carácter bienal, servirá ademais de punto de encontro dos profesionais do sector, dos maiores e das súas familias para darlles a coñecer todos os servizos e produtos existentes para mellorar a súa calidade de vida.

O comité asesor de GALISENIOR 2014 está integrado polos principais axentes sociais tanto públicos coma privados que traballan a prol do benestar do maior como é o caso da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, a Concellería de Benestar Social do Concello de Ourense, Obra Social de Novacaixagalicia, a Universidade de Vigo, distintos colexios profesionais, a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, Cruz Vermella e varias empresas provedoras de servizos. Tamén están integradas neste comité as principais asociacións que reúnen aos maiores.

GALISENIOR, Salón Galego das Persoas Maiores, é a única feira destas características que se celebra no noroeste peninsular e que está especialmente dirixida ás persoas maiores, ás súas familias e aos profesionais que traballan neste sector. 

Consulte AQUÍ a composición do comité asesor.



Tódolos dereitos reservados Aviso legal - 2018 - info_galisenior@galisenior.es