Inicio

 

05-05-2014 A Escola Superior de Tecnoloxía e Xestión de Lamego (Portugal) participará nas xornadas profesionais de Galisenior

A Escola Superior de Tecnoloxía e Xestión de Lamego (ESTGL), en Portugal, participará activamente nas xornadas profesionais que se celebrarán en Galisenior, o Salón Internacional das Persoas Maiores que terá lugar en vos próximos días 14 e 15 de maio e cuxo obxectivo é converterse no punto de encontro para os maiores de toda Galicia, as súas familias e tamén os profesionais que traballan neste sector. Presentarán as últimas investigacións realizadas por profesores e alumnos deste centro sobre o sector do maior.

Este é o caso do estudo "A calidade de vida dos anciáns da parroquia de Feirão, municipio de Resende" ou do da "A plasticidade e a aprendizaxe ao longo da vida". Ademais presentarán a xornada "Ética sobre a prestación dos coidados na intervención como asistente social".

ESTGL- Escola Superior de Tecnología e Gestão de Lamego

A Escola Superior de Tecnoloxía e Xestión de Lamego entrou en funcionamento no curso académico 2000/2001, leva dende entón, ofertando cursos de Xestión e Informática e Xestión Turística, Cultural e Patrimonial, Enxeñaría Informática e Telecomunicacións, Contabilidade e Auditoría e Servizo Social, Información Turística e Secretariado de Administración, o curso post-emprego e os Servizos Sociais e dende 2009 ofrece tamén unha formación en Contabilidade e Auditoría.

A Escola é unha unidade orgánica do Instituto Politécnico Viseu dotado de autonomía Administrativa, científica e pedagóxica. Con vocación para a formación inicial en campos científicos que máis directamente poidan intervir na actividade dos sectores económico-produtivo na súa área de influencia, as oportunidades de capacitación na área de Turismo, Administración, Contabilidade, Administración, Información, Informática, Telecomunicacións e Servizo Social, demostraron apostas populares, non só para cursos diúrnos senón tamén como formación complementaria ao traballo.

A institución, un modelo de referencia en canto á súa educación, ten entre os seus obxectivos a excelencia na formación, a investigación e a intervención na comunidade, nunha lóxica de valorización dos recursos humanos, a integración dunha perspectiva de vida axustada aos tempos que corren e os novos retos.



Tódolos dereitos reservados Aviso legal - 2018 - info_galisenior@galisenior.es