Inicio

 

07-05-2014 Cegapse organizará actividades en Galisenior orientadas a un envellecemento activo e saudable

O Centro Galego de Atención Psicolóxica, Social e Educativa (CEGAPSE) organizará en Galisenior, IX Salón Internacional das Persoas Maiores, distintas actividades orientadas a promover un envellecemento activo e saudable e nas que poderán participar todos os maiores que visiten esta cita a celebrar os días 14 e 15 de maio en Expourense. Relaxación, ximnasia mental e alimentación terapéutica serán os temas sobre os que versarán estas actividades.

Todas estas actividades están dirixidas á prevención da dependencia das persoas maiores e a fomentar a súa participación activa no ámbito social e cultural que CEGAPSE realiza para intentar previr a aparición de enfermidades e promocionar condutas saudables  para promover un envellecemento óptimo tanto familiar como socialmente.

Actividades de CEGAPSE en Galisenior:

Mércores 14
- Obradoiro de relaxación (11:00H) 
- Neurobic  (12:00H)
-  Atención Psicolóxica (17:00H)

Xoves 15
- Neurobic (12:00H)
- Atención Psicolóxica(17:00H)
- A alimentación terapéutica: a verdadeira medicina (17:00H.)





Tódolos dereitos reservados Aviso legal - 2018 - info_galisenior@galisenior.es