Inicio

 

27-05-2014 A cidade de Ourense celebra a VII Semana adicada aos maiores, que organiza o Concello, con múltiples actividades deportivas, culturais e de ocio

A cidade de Ourense celebra a VII Semana adicada aos Maiores, organizada pola Concellería de Benestar Social do Concello de Ourense, con diferentes propostas de lecer, culturais e deportivas, destinadas a persoas maiores de 65 anos, que se desenvolverán dende o luns, 26, ata o venres, 30 de maio.

Todas elas son de asistencia libre e gratuíta, agás:
-As obras teatrais (as prazas son limitadas, necesario convite).
-A comida (necesaria reserva e abono do menú).
-Visita turístico cultural (neste caso a día de hoxe xa están cubertas as 200 prazas ofertadas).

As persoas interesadas poden dirixirse á Concellería de Benestar Social, na rúa Bispo Carrascosa, nº 14, en horario de 9 a 13 h; ou no teléfono 988388171.

A programación completa de actividades é a seguinte:

Luns, 26 de maio
10 h (Praza Maior): Presentación da VII Semana adicada aos maiores e demostración de tai chi ao aire libre.
11:30 h (Xardín do Posío): Cachibol.
20:30 h (Paraninfo do Otero Pedrayo): Recital de Corais, coa participación da coral Gaudeamus e a coral rondalla Os Afiadores.

Martes, 27 de maio
10 h (Xardín do Posío): Tai chi ao aire libre.
11:30 h (Xardín do Posío): Cachibol.
20:30 h (Teatro Principal): Representación da obra teatral Moito ruído e poucas noces, do grupo Aturuxo.

Mércores, 28 de maio
10 h (Xardín do Posío): Tai chi ao aire libre.
11:30 h (Xardín do Posío): Cachibol.
20:30 h (Teatro Principal): Representación da obra teatral Moito ruído e poucas noces, do grupo Aturuxo.

Xoves, 29 de maio
10 h (Xardín do Posío): Tai chi ao aire libre.
11:30 (Xardín do Posío): Cachibol.
14:30 (Restaurante A Carballeira de Santa Cruz): Comida da VII Semana adicada aos maiores.
16:30-19:30 (Restaurante A Carballeira de Santa Cruz): Baile.

Venres, 30 de maio
8:30 h (saída en Tras Alameda): Visita turístico cultural pola ruta A Coruña e Rías Altas.
10 h (Xardín do Posío): Tai chi ao aire libre.
11:30 (Xardín do Posío): Cachibol.

FONTE: www.laregion.es



Tódolos dereitos reservados Aviso legal - 2018 - info_galisenior@galisenior.es