Inicio

 

26-02-2016 As xornadas técnicas para profesionais de Galisenior 2016 estarán centradas na análise da fraxilidade dos maiores

  • >> Serán un proxecto financiado polo IGAPE e abordarán outros temas como a política social, o envellecemento saudable ou a nutrición 
As xornadas técnicas profesionais da décima edición de Galisenior, Salón Internacional das Persoas Maiores, estarán centradas na análise do concepto de “fraxilidade” aplicado á terceira idade. Esta é unha temática de actualidade que centra grande parte dos artigos recollidos por publicaciónas de impacto neste eido a nivel mundial . Nesteeido tratarase de temáticas sobre os anciáns de risco que poidan sufrir estas situacións de fraxilidade, síndromes depresivos, síndrome de fraxilidade en persoas que non presentan comorbilidade e dependencia, análise sociolóxico, apoio informal e coidado de maiores dependentes ou en situación de fraxilidade.

Estas xornadas, quE serán un proxecto cofinanciado polo IGAPE, abordarán outras temáticas como o envellecemento poboacional; a nutrición e recomendacións dietéticas (pautas da Sociedade Española de Nutrición); Política social, servizos sociosanitarios e oportunidades empresariais ou de emprendemento; - I+D+i aplicada ao envellecemento saudable e Apoios técnicos. Estas Xornadas Técnicas que estarán dirixidas a todos os profesionais do sector, a estudantes e ás persoas que traballan con este colectivo. 

As autoridades sanitarias decidiron admitir dentro dos protocolos de protección ás persoas maiores o denominado status de Fraxilidade. Na práctica, este paso permitirá desenvolver políticas de prevención máis axeitadas ás necesidades da terceira idade. O obxectivo: reducir as incapacidades derivadas dun estado de saúde delicado e en perigo constante.

Quen son os fráxiles? Segundo a filosofía da xerontoloxía, fráxil é aquela persoa maior de 65 anos que ten un elevado risco de sufrir unha incapacidade logo de calquera percance físico, desde unha caída a un sobreesforzo, debido ao delicado estado dos seus ósos, articulacións, tendóns e músculos.

Que o concepto de fraxilidade teña amparo das autoridades sanitarias significa na práctica que o Estado e as Autonomías asumen que cómpre establecer un réxime de protección especial para os maiores, co fin de que teñan as mínimas dificultades na súa vida diaria para esquivar perigos certos que os leven á discapacidade. O fin último é trasladar parte do investimento en paliar esa incapacidade cara á prevención. Deste xeito, amais de garantir mellor calidade de vida dos maiores, haberá un obvio aforro. Por pór un exemplo, o tratamento a unha persoa con rotura de cadeira ascende a 8.000 euros para a Seguridade Social. Un dos piares da nova política de atención aos fráxiles é o chamado envellecemento activo. 

Fonte consultada sobre o tema da fraxilidade en maiores: www.antelasaude.com 



Tódolos dereitos reservados Aviso legal - 2018 - info_galisenior@galisenior.es