Inicio

 

03-03-2016 O XXVIII Congreso Internacional de Xeriatría e Xerontoloxía celebrase en Lugo

  • A cita terá lugar o 22 e 23 de abril co lema “Atención integral e retos na Educación Xerontolóxica e Xeriátrica. Referentes e novas perspectivas”.
A cidade de Lugo acolle o XXVIII Congreso Internacional de Xerontoloxía e Xeriatría da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría durante os próximos 22 e 23 de Abril de 2016, co lema "Atención integral e retos na Educación Xerontolóxica e Xeriátrica. Referentes e novas perspectivas".

O Congreso é un encontro científico e profesional para evidenciar o preciso, compartir o aprendido, comparar os avances e explorar as sinerxias ao redor das melloras da calidade de vida das Persoas Maiores e sobre todo unha magnífica oportunidade para avanzar no coñecemento e as posibilidades de traballar de forma máis coordinada e eficiente, aproveitando os puntos fortes e os valores dunha sociedade que envellece e que necesita contar coas túas achegas, a túa experiencia e as túas ben pensadas propostas.

O programa do evento é o seguinte:

Venres, 22 de abril 2016


8:30 - 9:00 Recepción de congresistas
Acreditación e recollida de documentación.

9:00 - 10:00 Conferencia Inaugural
"Educación, Saúde e Servizos Sociais".

10:00 - 11:00 Mesa 1
"Comunicación e innovación social no ámbito das persoas maiores".

11:00 - 11:15 Debate e achegas Mesa 1.

11:15 - 11:45 Descanso.
Café WorkShop.

12:00 - 12:30 Acto Oficial de Inauguración.
Recepción de autoridades.

12:30 - 13:30 Mesa 2
"Xeriatría Hospitalaria e Atención Primaria para o adulto maior".

13:30 - 13:45 Debate e achegas Mesa 2.

14:00 - 15:30 Xantar.

15:30 - 16:30 Mesa 3
"Modelos de Atención Integral en Persoas Maiores".

16:30 - 16:45 Debate e achegas Mesa 3

16:45 - 17:45 Espazo de debate/ Conversatorio
"Presente e futuro dos Recursos Sociais para a atención a persoas maiores".

17:45 - 18:00 Descanso. Café.

18:00 - 19:00 Mesa 4
"Adestramento Emocional para o Benestar".

19:00 - 19:15 Debate e achegas Mesa 4.

19:15 - 20:15 Comunicacións Científicas do XXVIII Congreso Internacional da Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía.


Sábado, 23 de abril 2016

9:00 - 10:00 Comunicacións Científicas do XXVIII Congreso Internacional da Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía.

10:00 - 11:00 Mesa 5
"Psiquiatría, envellecemento e institucionalización: a integración a través da Educación".

11:00 - 11:15 Debate e achegas Mesa 5.

11:15 - 11:45 Descanso. Café.

11:45 - 12:45 Mesa 6
"Educación ao longo da vida".

12:45 - 13:00 Debate e achegas Mesa 6.

13:00 - 14:00 Conferencia de Clausura
"Ser maior na sociedade actual. Roles e valores dunha interacción continua".

17:00 - 18:30 Asemblea Xeral Socios SGXX.
Asemblea xeral ordinaria anual de Socios da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría.




Tódolos dereitos reservados Aviso legal - 2018 - info_galisenior@galisenior.es