Inicio

 

25-05-2016 Galicia, pioneira en envellecemento activo

  • >> O Director Xeral do IMSERSO, César Antón Beltrán, inaugurou esta mañá a feira xunto coas autoridades locais e provinciais

Ourense, 25/05/2016.-   Promover un envellecemento activo e saudable, fomentar a autonomía personal, prevención de situacións de fraxilidade,  retrasar a dependencia e poñer en valor o papel que xogan na sociedade os nosos maiores. Con estes obxectivos abriu as súas portas a décima edición de Galisenior. Na xornada de hoxe o salón xa recibiu a visita de centos de maiores de toda Galicia que participaron activamente nos diferentes obradoiros que promoven actividades para vivir máis e mellor.

A 10ª edición de Galisenior, unha cita única no noroeste peninsular,  contou coa presenza do Director Xeral do IMSERSO, César Antón Beltrán, que durante a súa intervención destacou que “un dos aspectos máis importantes do envellecemento é a participación e a involucración dos nosos maiores en todos os ámbitos da nosa sociedade, xa qué é unha conquista de toda a sociedade española ter aumentado tan notablemente a esperanza de vida”. Tamén remarcou a necesidade de que todas as administracións se adapten aos cambios poboacionais facilitando así o fomento de novas redes de protección para as familias con persoas dependentes.

Neste acto estivo acompañado pola Delegada Territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, o Alcalde do Concello de Ourense, Jesús Vázquez Abad, o Vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, o presidente do Comité asesor de Galisenior 2016 e Coordinador das Aulas de Maiores do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, Alberto Vaquero, así como outras autoridades locais e membros do comité asesor de Galisenior. 

De carácter bienal, Galisenior é a única feira destas características que se celebra no noroeste peninsular e que está especialmente dirixida a un núcleo de poboación que representa o 24% da demografía galega e o 31% no caso da provincia de Ourense. Este salón sirve de plataforma para promover as accións que se están a levar a cabo en Galicia, destinadas a reducir o impacto da dependencia na calidade de vida, tanto de quen a padece como do que exerce de coidador. 

XORNADAS TÉCNICAS PROFESIONAIS
A primeira sesión das xornadas técnicas debatiu sobre a prevención de situacións de fraxilidade, panel no que interviñeron o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, a Federación de Alzheimer de Galicia e a Cruz Vermella de Ourense, que presentou exemplos de actuación.

Na xornada de hoxe tamén se falou da promoción da autonomía baseada nas novas tecnoloxías e tamén se impartiron consellos nutricionais para axudar a previr a diabetes.

Xa pola tarde se presentarán diversos programas das universidades destinados a terceira idade e estudos como resultado da investigación en distintos campus de Galicia e Norte de Portugal. O enfoque práctico será aportado por un obradoiro sobre movilización de persoas con problemas neurolóxicos.

ACTIVIDADES PARA MAIORES

Entre os grupos participantes achegáronse ata Expourense a Confederación de Organizacións de Maiores de Galicia, COGAMA, así coma a Asociación de Maiores de Telefónica, e os usuarios de centros sociocomunitarios da Xunta de Galicia procedentes de Ribadavia, Xinzo de Limia, Maceda, O Carballiño ou Verín. Entre as actividades que pudieron realizar estiveron un obradoiro de risoterapia, ou unha masterclass de ximnasia e baile. Os visitantes tamén desfrutaron de exhibicións de cociña, obradoiros de estimulación cognitiva e habilidades sociais e masaxes relaxantes.

Mañá xoves 26 continuará a feira de 10.00 a 14.00 h. e de 16.00 a 19.00 h. Tanto a entrada á feira como a participación nas actividades son gratuitas.




Imágenes asociadas

Tódolos dereitos reservados Aviso legal - 2018 - info_galisenior@galisenior.es