Inicio

 

21-03-2018 A Fundación San Rosendo asistirá a Galisenior 2018

A Fundación San Rosendo acudirá á feira Galisenior, na XI edición do Salón Internacional das persoas maiores, que terá lugar en Expourense entre o 9 e o 10 de maio de 2018. 

Esta fundación foi creada no ano 1992 polo Obispado de Ourense co obxectivo de desenvolver funcións de asistencia social. Actualmente busca dar solución aos problemas da sociedade galega así como dos colectivos máis débiles entre os que se atopan persoas maiores, nenos e persoas con discapacidade. 

Conta con 70 centros asistenciais entre os que podemos destacar: apartamentos tutelados, centros de discapacidade e rehabilitación e residencias de maiores. Ademais, tamén contan con  3 centros repartidos por toda Galicia de augas  mineromedicinales.

Así mesmo a fundación traballa sempre entorno a uns valores moi definidos. Buscan dar aos seus clientes unha atención personalizada e individualizada e de calidade da man de profesionais que reciben unha formación constante, todo isto para lograr o obxectivo principal: a procura do benestar dos seus residentes.

Ademais, a Fundación San Rosendo foi a primeira institución de Galicia en certificar a calidade da asistencia que presta nas súas residencias para maiores e discapacitados, baseado nun Sistema de xestión de calidade que se centra na superación constante de cada profesional, na escoita, na integración, co obxectivo de propiciar unha participación activa do  residente  a mellora continua dos traballadores e das súas actividades. Todos os seus centros con máis de 100 prazas están certificados en base á norma internacional de calidade  ISO 9001:2008.
Para máis información: http://www.fundacionsanrosendo.es/




Imágenes asociadas

Tódolos dereitos reservados Aviso legal - 2018 - info_galisenior@galisenior.es