Inicio

 

23-04-2018 O IMSERSO confirma a súa presenza en Galisenior 2018 

O Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO), organismo do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade do Goberno de España ven de confirmar a súa presenza un amno máis en Galisenior, o Salón Internacional das Persoas Maiores, que se celebrará en Expourense os días 9 e 10 de maio.

O IMPSERSO contará cun stand informativo dende o que difundir as últimas campañas e programas centrados nos sistemas de protección ás persoas en situación de dependencia e no desenvolvemento de políticas e programas que promovan o envellecemento activo da poboación. 

Dende o IMSERSO promoven a importancia da participación e da involucración dos nosos maiores en todos os ámbitos da nosa sociedade, xa qué é unha conquista de toda a sociedade española ter aumentado tan notablemente a esperanza de vida. 

A presenza do IMSERSO neste evento único en Galicia ten especial relevancia xa que a esperanza de vida dunha persoa que nace na actualidade na nosa comunidade sitúase nos 82,65 anos, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE). O envellecemento dos habitantes, incrementa un estrato social que require dunha atención especial. Esta tendencia é especialmente significativa en España, e sobre todo en Galicia, que é unha das comunidades máis envellecidas.

Máis información en www.imserso.es 




Imágenes asociadas

Tódolos dereitos reservados Aviso legal - 2018 - info_galisenior@galisenior.es