Inicio

 

25-04-2018 Forever Living Products presentará en Galisenior os beneficios do aloe vera

  • >> Estes produtos serán presentados pola Clínica Naturista Xoan XXIII de Ourense

Clínica Naturista Xoan XXIII súmase ao proxecto Galisenior e participará por primeira vez no Salón Internacional das Persoas Maiores que se celebra en Expourense os días 9 e 10 de maio. O obxectivo será presentar a nova gama de Forever Living Products, líder mundial na comercialización de Aloe Vera e da que é delegada en Ourense a responsable desta clínica, Anna Luisa Rodríguez, unha profesional con dilatada experiencia e varios másters en Saúde Natural, Nutrición ou nutrición celular activa, ente outros. 

A Clínica Naturista Xoan XXIII é un centro ourensán ubicado na rúa homónima especializado nas medicinas alternativas, na saúde natural holística e no tratamento da dor con métodos naturais.

Están especializados en:

Homeopatía 
Osteopatía 
Acupuntura 
Par Biomagnético 
Terapia Sacrocraneal 
Biorresonancia Cuántica 
Test de Intolerancias Alimenticias 
Estimulacion Periferica Craneal 
Sinterxética 
Tecarterapia 
Holoenerxética 






Imágenes asociadas

Tódolos dereitos reservados Aviso legal - 2018 - info_galisenior@galisenior.es