Obxectivos Galisenior 2018
XERAIS:
- Fomentar a prevención da dependencia e a promoción da autonomía persoal de forma que se garanta a igualdade de oportunidades en todo o territorio autonómico.
- Potenciar a participación deste colectivo, nunha sociedade para todas as idades, así como a convivencia interxeracional.
- Fomentar un envellecemento activo propiciando hábitos saudables e de autocoidado entre as pesoas con dependencia para mellorar a súa funcionalidade.
- Impulsar medidas de prevención e detección precoz da dependencia e reducir o seu impacto sobre a calidade de vida de quen a padecen e que exercen o seu coidado.
- Garantir que tanto as persoas en situación de dependencia como coidadoras, poidan beneficiarse de actividades preventivas de calidade.
- Promover a sensibilización e a formación en todos os colectivos profesionais implicados na prevención e detección da dependencia e na promoción da autonomía persoal.
ESPECÍFICOS:
- Fomentar a colaboración, compromiso e intercambio de experiencias entre profesionais, administración e outras entidades implicadas en Galicia na Atención ás Persoas Maiores.
- Crear un foro de intercambio de opinión onde se aborden as últimas tendencias nos distintos aspectos que interveñen na atención xeriátrica.
- Divulgar todos os recursos, servizos e novas tecnoloxías que poden incrementar a calidade de vida dos maiores galegos.
- Facilitar o acceso das persoas de idade avanzada a información que lles sexa útil para dar resposta ás súas inquetudes esenciais: asistencia, saúde, apoio social, cultura, ocio…

- Promover a participación dos propios maiores na sociedade actual a través do asociacionismo e voluntariado, como medios de intervención social.
- Suscitar neste colectivo social unha reflexión arredor do seu propio rol no mundo actual.
- Impulsar unha imaxe positiva e máis acorde coa realidade actual dos nosos maiores.