Inicio

UN SECTOR CRECENTE

OS GALEGOS MELLORAN A SÚA ESPERANZA DE VIDA

A esperanza de vida dunha persoa que nace na actualidade en Galicia sitúase nos 83,04 anos, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE). Na táboa que aparece a continuación móstrase a esperanza de vida dos galegos diferenciada por sexo e por ano, na que se pode observar o incremento experimentado ano tras ano, e que supera a media europea.

ESPERANZA DE VIDA (Fonte: I.N.E. – Instituto Nacional de Estatística)

O envellecemento dos habitantes, incrementa un estrato social que require dunha atención especial. Esta tendencia é especialmente significativa en España, e sobre todo en Galicia, que é a segunda comunidade en porcentaxe de poboación maior (maiores de 64 anos)

POBOACIÓN POR SEXO E GRUPOS DE IDADE – ANO 2014

 

TOTAL

HOMES

MULLERES

0-4

103.170

53.519

49.651

5-9

114.333

58.707

55.626

10-14

108.149

55.625

52.524

15-19

103.426

53.196

50.230

20-24

119.779

61.214

58.565

25-29

140.121

70.601

69.520

30-34

181.876

91.675

90.201

35-39

224.778

112.601

112.177

40-44

217.992

109.194

108.798

45-49

209.850

103.736

106.114

50-54

198.739

97.813

100.926

55-59

185.992

90.742

95.250

60-64

167.360

81.086

86.274

65-69

167.206

79.248

87.958

70-74

142.553

65.155

77.398

75-79

121.076

51.880

69.196

80-84

116.619

45.831

70.788

85 e máis

108.387

34.904

73.483

TOTAL

2.731.406

1.316.727

1.414.679

  • Ano: Primeiro trimestre de 2015
  • Ámbito: Galicia
  • Fonte: INE. Padrón Municipal de Habitantes
  • I.G.E.: Instituto Galego de Estatística

Os galegos viven cada vez máis. A mellora dos hábitos alimenticios, os avances sanitarios e en definitiva unha considerable mellora de calidade de vida, explican a progresiva redución da taxa de mortandade, unha tendencia que se estende ao conxunto das comunidades autónomas. De feito, os galegos figuran na metade do ránking en canto á esperanza de vida, situados por debaixo de navarros e madrileños que conseguen o maior promedio de idade. En Galicia máis do 20% de todo o seu censo ocúpano veciños en idade de xubilación, o que a converte nunha das zonas europeas con maior índice de dependencia e con maior porcentaxe de poboación maior.

A media da esperanza de vida entre os galegos sitúase nos 86,1 anos para as mulleres e 79,8 para os homes. O informe do INE evidencia unha constante invariable ano tras ano: as galegas gozan dunha esperanza de vida que supera en sete anos á dos homes.

Na actualidade, o peso da poboación nova (menos de 20 anos) sobre o total é do 15,04%, fronte ó 23,07% que representan os maiores (poboación de 65 e máis anos). Mentres a poboación de máis de 64 anos creceu dende o ano 2008 (+6,2%), a porcentaxe que representan os mozos de menos de vinte anos diminuíu (-1,34%). No conxunto da Península Ibérica obsérvase un proceso de envellecemento crecente, non obstante, o índice é considerablemente inferior ao galego pois, mentres que España presenta un 109,53%, o valor deste índice en Galicia é de 181,57%, por cada 100 mozos menores de 20 anos, existen 146 persoas que superan a idade de xubilación.

Viven en Galicia máis de 600.000 persoas maiores de 64 anos (1 de cada 5 habitantes), das cales 108.387 teñen máis de 85 anos. Este aumento da esperanza de vida, xunto co baixo índice da natalidade suporá un importante cambio na pirámide poboacional. Estudos realizados neste ámbito sinalan que no 2017 o 12,4% dos galegos terán menos de 14 anos e o 12,3% máis de 75.

Fontes: INE. Padrón municipal de habitantes / I.G.E. - Instituto Galego de Estatística

Atendendo á distribución por provincias, Ourense é a que presenta o maior número de persoas maiores de 65 anos seguida por Lugo, A Coruña e Pontevedra. Unha tendencia que seguirá medrando.

OPORTUNIDADES

O aumento da vida da poboación tamén presenta un importante abano de oportunidades. A terceira idade abre un novo mercado que, coma todos, ten necesidades especiais. Todo iso implica un maior esforzo por parte das empresas e institucións para dar resposta ás súas demandas. A vellez é unha etapa máis da vida pero, como sucede durante a infancia, require unha maior atención e relevancia dos produtos e servizos dirixidos a este segmento para vivila de forma activa e saudable.

ENTIDADES PRESTADORAS DE SERVIZOS SOCIAIS

  • Consellería de Traballo e Benestar. Extraído de https://benestar.xunta.es:444/XiacWeb/ [15 de abril , 2011]
  • Nos datos totais de Galicia están incluídas as entidades domiciliadas fora de Galicia pero que prestan servizos nesta comunidade. As entidades contabilizábanse nas distintas áreas nas que se prestan servizos xa cunha mesma entidade pode prestar servizos en máis dunha área; pero no total das áreas contabilizábanse unha soa vez.
  • I.G.E.- Instituto Galego de Estatística.

 

As persoas maiores demandan máis prestacións sanitarias, como reflicte o Instituto Nacional de Estatística. Para o caso da Comunidade Autónoma de Galicia, o índice de dependencia no 2013 sitúase no 55,69%, o que significa que por cada 100 galegos potencialmente activos, existen case 66 dependentes. Non obstante, Galicia tamén conta cunha poboación de máis de 65 anos independentes, activos e autónomos.

PERSOAS DEPENDENTES SEGUNDO GRAO DE DEPENDENCIA.DISTRIBUCIÓN POR IDADE EN GALICIA.

 

Tódolos dereitos reservados Aviso legal - 2018 - info_galisenior@galisenior.es