A Consellería de Traballo e Benestar destinou, en 2013, un total de 38.000 euros para financiar cuatro cursos que foron impartidos pola Fundación Amigos de Galicia e que chegaron a un total de 52 beneficiarios. O obxectivo desta actuación é conseguir a integración social e laboral dos destinatarios destas actividades.
A directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González, entregou os diplomas aos once participantes do curso de auxiliar á terceira idade, que se impartiu en Ribeira. A maiores desta actividade formativa, o departamento autonómico financiu a esta entidade tres cursos máis: de monitor sociocultural; de cuidador e acompañante de autobús escolar; e de iniciación ao galego.
Cabe que recordar, segundo explicou a responsable autonómica, que ademáis de estes cursos formativos, manteñen máis liñas de colaboración coa Fundación Amigos de Galicia. En total, esta entidade recibiu, en 2013, un total de 90.000 euros por parte da administración autonómica.
A Consellería de Traballo e Benestar está a reforzar o seu traballo cos colectivos en risco de exclusión social, e, deste modo, en 2013 a orden de inclusión destinada as entidades de iniciativa social reforzouse e se ampliou en cerca de 370.000 euros. Así, a esta actuación destinaronse 3,25 millóns de euros, un 13% máis ca no 2012, o que permitiu apoiar a actividade de 105 entidades de iniciativa social. De cara a 2014 se prevé poder apoiar a máis de 100 entidades.
Esta iniciativa inclúese no compromiso da Xunta cos máis necesitados. A nova Lei de Inclusión de Galicia busca potenciar a inserción laboral do colectivo con risco de exclusión para evitar que estas situacións se cronifiquen no tiempo.
Este compromiso plasmouse tamén nos presupostos deste ano 2014, nos que as partidas globais de inclusión social ascenden a 59,2 millóns de euros, isto é, un 13,6% máis que nos presupostos do 2013.
Asimesmo, o departamento autonómico segue ampliando ano tras ano o presuposto da Risga, á que se destinará este ano unha partida inicial de 39,7 millóns de euros, un 21,4% máis que en 2013, co fin de dar resposta ás persoas que máis o precisen.
FONTE: www.entremayores.es