Inicio

 

21-03-2014 Pontevedra xenera un novo punto de partida para un envellecemento activo e positivo

  • O XXVI Congreso Internacional da Sociedad Galega de Xerontoloxía e Xeriatría en Pontevedra celebrarasé en xuño baixo o lema “Estilo de vida 3.0, analizando as claves dun envellecemento
    positivo”

Durante os días 20 e 21 de xuño vaise a celebrar en  Pontevedra o XXVI Congreso Internacional da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría (SGXX). Un foro que baixo o lema “Estilo de Vida 3.0 analizando las claves de un envejecimiento positivo” vai supoñer un novo punto de partida para un envellecemento activo e positivo. Así o puxeron de manifiesto este xoves na capital pontevedresa a presidenta do Comité Organizador do Congreso, Lucía Saborido, o presidente da SGXX, docente e investigador da Universidade de A Coruña, José Carlos Millán Calenti e a concelleira de Promoción Económica do Concello de Pontevedra, Carlota Román que explicaron que, sempre dende a premisa de que o envellecemento é un feito positivo, obxectivo de toda sociedade moderna, este foro persegue a calidade de vida das persoas maiores independentes e a asistencia socio sanitaria das que non o son.  

Así, o programa do Congreso, matizou Millán, “conten as claves para un envellecemento positivo, activo, digno e saúdable dende unha perspectiva metodolóxica e epistemolóxica holística, integral”. Seguindo o holismo cualquer sistema, incluidos os seres vivos, debe ser analizado no seu conxunto e non a través das partes que os compoñen analizadas de forma aislada. 

Este experto destacou que, segundo os últimos datos do INE (enero 2014) “en Galicia diminuiu o número de habitantes, pero o envellecemento poblacional segue avanzando”. Dunha poboación de 2.765.940 persoas o 23,14 por cento, unhas 640.000, ten 65 anos ou máis e casi 100.000 (99.912) superaron os 85 anos. É dicir 3.226 persoas maiores de 85 anos máis que en 2012.

Un dato “tremendamente positivo pois todos queremos vivir máis e mellor” e que en Galicia supón unha esperanza de vida de 82 anos cando a comezos do século pasado era de  40 anos tan só, ou sexa, que vivimos máis e mellor. Pero, apuntou, “a la SGXX as persoas maiores que máis nos preocupan son as que non están tan ben ou as que non chegan tan ben, os menos sanos”. Neste sentido, en Galicia hai unhas 128.000 persoas maiores con problemas xerados polas súas enfermidades crónicas e arrededor de 32.000 cumpren os criterios de anciáns fráxiles ou menos sanos.

“E sen embargo este amplo colectivo non está suficientemente atendido”, subliñou, “pois mentres as persoas maiores en Galicia van incrementando a súa esperanza de vida, os seus dereitos a prestacións e servizos van diminuíndo drasticamente, xerando unha situación que en pouco lles beneficia, ao ter perdido a súa esperanza no sistema e o que é todavía  peor, o estado de benestar alcanzado”. 

Millán opina que “neste marco de crise económica, de atención, e incluso social, 
dende a SGXX, como entidade que agrupa aos profesionais que estudan o envellecemento e a súa atención en Galicia, debemos incrementar o noso apoio a este colectivo, que tendo logrado unha sociedade máis xusta e equitativa, ve agora como os nuevos tempos, lonxe de consolidar o sistema de atención, o vai desintegrando”. “Se propoñemos medidas para que non haxa que actuar cando xa se desenvolveu a enfermidade, senon antes, chegaremos mellor a vellos e o envellecemento será activo e positivo, será unha etapa vital na que podemos facer cousas e non unha época pasiva e a espera de acabar a vida”. 

Nesta idea da SGXX de envellecer positiva e activamente, a entidade, comentou o seu presidente, “pon a disposición da sociedade un ´Estilo de Vida 3.0´ para conseguilo: promover o envellecemento saudable a través da actividade física, mental e emocional” ata tal extremo que, asegurou, “as persoas que cheguen a maiores en peor estado serán aquelas que non cumpran estes criterios”. Por iso, afirmou, “se se actúa en prevención se mellorará sen dubida a calidade de vida na vellez”. 

Esta é a labor que a SGXX quere arraigar en toda a sociedade, incluidas as 
Administracións. Un obxectivo que “levaremos a cabo a través deste congreso onde extraeremos todo tipo de conclusións neste ámbito” e co que se poderá, concluiu, “axudar a superar este marco de crise económica, de atención, e incluso social que tanto dano está a facer ao colectivo de persoas maiores”. 

Contenidos innovadores
Como indicou Saborido, “o lema Estilo de Vida 3.0 débese a que éste é un foro 
totalmente innovador, actual, integrador, internacional e aberto ao mundo na búsqueda de  ferramentas que faciliten este tipo de envellecemento activo e positivo” que, básicamente,  “se logra actuando a nivel físico, mental, emocional e social”. Desta forma, “se mellorará sen dúbida a calidade de vida das persoas maiores”. 

Un encontro internacional que aportará para elo, continuou, “novas tendencias, 
novos modelos de vida, de residencia e de cuidados, os últimos datos en investigación e a presentación de todo tipo de alternativas actuais e modernas en torno á vida das persoas maiores” sen esquecer mesas de debate, obradoiros e foros onde se presentarán “multitude de experiencias das propias persoas maiores que van a participar en distintas ponencias ou recentes visións académicas e empresariais”. 

Destacan tamén ponentes como Catalina Hoffman, fundadora da Fundación que leva o seu nome e gran investigadora na calidade de vida do colectivo senior ou Teresa Rodríguez, responsable do novo modelo de Atención Centrada na Persoa, referencia en toda Europa, ademáis de recoñecidos expertos nacionais e internacionais da xeriatría, a xerontoloxía, a psicoloxía, o traballo social, os cuidados personais, etc.

FONTE: Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría



Tódolos dereitos reservados Aviso legal - 2018 - info_galisenior@galisenior.es