Inicio

 

10-04-2014 O comité asesor perfila os contidos das xornadas técnicas profesionais e o programa de actividades para maiores de Galisenior 2014.

O comité asesor de Galisenior volveu reunirse esta semana en Santiago para perfilar os contidos que se abordarán nas xornadas técnicas profesionais e tamén no programa de actividades dirixidos aos maiores que se desenvolverán no salón os días 14 e 15 de maio. Entre os temas que se tratarán destacan os vencellados á detección precoz do deterioro cognoscitivo, a preparación para a xubilación ou a presentación dos últimos estudos de investigación realizado sobre as persoas maiores. Tamén se falará de termalismo social e do seu papel no avellantamento sustentable. 

Estas xornadas, nas que participarán profesioanis do sector de distintas disciplinas, será tamén o foro elixido para a presentación do XXVI Congreso da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría a celebrar en Pontevedra os días 20 e 21 de xuño baixo o título “Estilo de Vida 3, analizando as claves dun avellentamento en positivo”.

A estas actividades hai que engadir a organización de mesas de debate sobre a incapacitación das persoas maiores ou sobreo empoderamento e o papel  dos maiores na sociedade e o seu desenvolvemento. Esta última estará coordinada polo Colexio de Educadores Sociais de Galicia. Tamén se prevé a organización doutra mesa redonda sobre experiencias de envellecemento activo no medio rural en Galicia que correrá a cargo do Colexio de Traballadores Sociais.

No referente ás actividades orientadas aos maiores, incidirase na estimulación cognitiva e na detección precoz da dependencia, así como no fomento de hábitos de vida saudables. Tamén se impartirán obradoiros de psicomotricidade, pilates, podoloxía, analizarase a relación entre relación entre coidador e coidado, etc.

Durante esta reunión entidades como a Fundación Novacaixagalicia, a propia Xunta de Galicia, as Aulas da Terceira Idade – ATEGAL, Cruz Vermella ou FETEGA mostraron o seu apoio co proxecto Galisenior comprometéndose a colaborar activamente para convocar aos usuarios dos seus centros socioasistenciais, así como dos profesionais que traballan neles.






Imágenes asociadas

Tódolos dereitos reservados Aviso legal - 2018 - info_galisenior@galisenior.es