Inicio

 

15-04-2014 Galisenior será o punto de encontro dos maiores dos centros de NovacaixaGalicia

  • A Fundación organizou para eles un completo programa de actividades que promoven unha vida activa e saudable

O salón Galisenior, que se celebrará os días 14 e 15 de maio en Expourense, contará coa presenza dos doce centros da fundación NovacaixaGalicia. Os usuarios destes centros poderán gozar dunha ampla variedade de actividades e obradoiros que promoven unha vida activa e saudable e entre as que destacan obradoiros de risoterapia, tai chi, novas tecnoloxías ou mindfulness (un termo que fai referencia á aplicacións terapúeticas para persoas que sofren enfermidades psicolóxicas). Estas actividades están abertas a todos os visitantes de Galisenior.

A Fundación NovacaixaGalicia contará cun stand á entrada do recinto que acollerá distintas actividades permanentes coma unha tenda solidaria, Masaxes faciais , de máns e manicura, degustacións de productos alimenticios preparados con Thermomix, traballos manuais para levar, e unha exposición nomeada “Por fin es Maior”.


PROGRAMA DE ACTIVIDADES DA FUNDACIÓN EN EXPOURENSE

MÉRCORES 14 DE MAIO

12:00 .- Cata de viños.
Fundación Novacaixagalicia.
Colabora: Bodegas Bellaleira.

12:00 .- Actuación do grupo de ximnasia con balóns do Centro de Maiores de Betanzos de Novacaixagalicia.

12:00 .- Proxección do documental de FETE-UGT “As mestras da República”. 
Fundación Novacaixagalicia.

12:00 .- Presentación de Mindfulness. 
Imparte: Fundación Novacaixagalicia.

12:30 .- Actuación dos grupos de baile e aerodanza do Centro de Maiores de A Coruña e Pontedeume de Novacaixagalicia.

13:00 .- Actuación do grupo de Pandereteiras de Lugo. 
Fundación Novacaixagalicia.

17:00 .- Obradoiro de risoterapia.
Fundación Novacaixagalicia.
(inscricións no stand da propia fundación).

17:00 .- Proxección do documental de FETE-UGT “As mestras da República”. 
Fundación Novacaixagalicia.

18:00 .- Presentación de Mindfulness. 
Imparte: Fundación Novacaixagalicia.
Grupo de Investigación en Xerontoloxía da Universidade de A Coruña.


XOVES 15 DE MAIO

10:30 .- Saída da andaina dende o centro de Maiores de Ourense de Novacaixagalicia (Rúa do Paseo nº 6) ata Expourense. 
Fundación Novacaixagalicia.

11:30 .- Clases de tai-chi.
Centro de Maiores de Ourense Novacaixagalicia.

12:00 .- Presentación de Mindfulness. 
Imparte: Fundación Novacaixagalicia.

12:00 .- Proxección do documental de FETE-UGT “As mestras da República”. 
Fundación Novacaixagalicia.

17:00 .- Proxección do documental de FETE-UGT “As mestras da República”. 
Fundación Novacaixagalicia.

17:00 .- Obradoiro de risoterapia.
Fundación Novacaixagalicia.
(inscricións no stand da propia fundación)

19:00 .- Cata de viños.
Fundación Novacaixagalicia
Colabora: Bodegas Bellaleira


OUTRAS ACTIVIDADES

-Proxección do documental 100 % CEF (Celso Emilio Ferreiro). 
Fundación Novacaixagalicia.

-Actuacións de grupos do Centro de Maiores da Fundación 
Novacaixagalicia.


ACTIVIDADES PERMANENTES

-A Tenda Solidaria. 
Stand: Fundación Novacaixagalicia.

-Traballos manuais para levar. 
Stand: Fundación Novacaixagalicia.

-Masaxes faciaies, de mans ou manicura express. 
Stand: Fundación Novacaixagalicia. Servizo de Estética.

-Degustacións de produtos saudables preparados con Thermomix. 
Stand: Fundación Novacaixagalicia.

-Exposición “Por fin es Maior”.
Fundación Novacaixagalicia.

-Obradoiro de Novas Tecnoloxías. 
Fundación Novacaixagalicia.

-Obradorio adicado o Día de Internet. 
Fundación Novacaixagalicia.

-Obradoiro adicado o Día das Letras Galegas. 
Fundación Novacaixagalicia.



A Fundación Novacaixagalicia, entidade integrada no comité asesor de Galisenior, apostou sempre, entre as prioridades da súa Obra Social, pola atención ao colectivo de persoas maiores, por medio de programas innovadores e en permanente evolución. Estes desenvolvense nos doce centros da fundación repartidos por toda a xeografía galega, unha comunidade que presenta un índice de envellecemento cinco puntos por riba do resto de España. As actuais liñas de traballo da fundación neste campo son o envellecemento activo e a promoción de a autonomía persoal a través dunha lista de servizos que se programan dende a propia rede de centros. No que se refire á investigación e formación xerontolóxica, a fundación promove plans de formación e accións de reciclaxe profesional para garantir a calidade na atención social e sanitaria dos nosos maiores e tamén edita publicacións sobre dependencia, envellecimento activo e estimulación cognitiva. Ao mesmo tempo, a Fundación Novacaixagalicia traballa realizando unha intensa labor de apoio ás iniciativas promovidas polas organizacións públicas e ONL, de tal xeito que poidan levar a cabo os seus obxectivos en materia de asistencia sociosanitaria o que lle permite chegar a todolos rincóns da xeografía galega, complementando, así, as iniciativas propias.




Tódolos dereitos reservados Aviso legal - 2018 - info_galisenior@galisenior.es