O Centro Galego de Atención Psicolóxica, Social e Educativa (CEGAPSE) organizará en Galisenior, IX Salón Internacional das Persoas Maiores, distintas actividades orientadas a promover un envellecemento activo e saudable e nas que poderán participar todos os maiores que visiten esta cita a celebrar os días 14 e 15 de maio en Expourense. Relaxación, ximnasia mental e alimentación terapéutica serán os temas sobre os que versarán estas actividades.
Todas estas actividades están dirixidas á prevención da dependencia das persoas maiores e a fomentar a súa participación activa no ámbito social e cultural que CEGAPSE realiza para intentar previr a aparición de enfermidades e promocionar condutas saudables para promover un envellecemento óptimo tanto familiar como socialmente.
Actividades de CEGAPSE en Galisenior:
Mércores 14
- Obradoiro de relaxación (11:00H)
- Neurobic (12:00H)
- Atención Psicolóxica (17:00H)
Xoves 15
- Neurobic (12:00H)
- Atención Psicolóxica(17:00H)
- A alimentación terapéutica: a verdadeira medicina (17:00H.)