Inicio

 

14-03-2018 A asociación de fibromialxia AFFOU Ourense participará en Galisenior 2018 en calidade de expositor

A Asociación de  Fibromialxia, Fatiga Crónica e sensibilidade química Múltiple de Ourense,  AFFOU, participará en calidade de expositor na feira de  Galisenior, Salón internacional das Persoas Maiores, que se celebrará en  Expourense entre o 9 e o 10 de maio de 2018.

A representante desta asociación, María  Añel Charanga, ultimou os detalles da súa participación na feira co director de  Expourense, Alejandro  Rubín. 
Esta asociación é unha entidade sen ánimo de lucro creada no 2003 co obxectivo de dar resposta ás necesidades daquelas persoas afectadas por Fibromialxia, buscando dar visibilidade e información acerca desta enfermidade e facilitar o trato a aqueles que a padecen. Actualmente a asociación conta con 90 socios. A través dos seus profesionais, afectados tamén pola enfermidade,  AFFOU ofrece servizos e actividades orientados á satisfacción das necesidades e expectativas dos seus asociados para mellorar o seu estado  psico-social, sempre comprometidos cunha mellora continua. 

Así mesmo, a  asocación na feira encargarase de continuar difundindo información para lidar co descoñecemento desta enfermidade, buscando sensibilizar á poboación xeral sobre as patoloxías que a ocupan.

Máis información: https://www.facebook.com/affou.ourense/about?lst=100006575585139%3A100003748851721%3A1521018601





Imágenes asociadas

Tódolos dereitos reservados Aviso legal - 2018 - info_galisenior@galisenior.es