Inicio

 

15-03-2018 A Asociación  Diabética  Auria confirma a súa presenza en  Galisenior 2018

A Asociación  Diabética  Auria estará presente en  Galisenior, no  XI Salón internacional das persoas maiores que terá lugar en  Expourense entre o 9 e o 10 de maio deste ano. 

A asociación participará na feira en calidade de expositor, cunha caseta informativa no que ofrecerán asesoramento sobre diabetes.

Auria foi creada en 2002 en Ourense co obxectivo de proporcionar toda a información  diabetológica posible aos enfermos e os seus familiares, defender os dereitos dos enfermos para conseguir a súa plena integración na sociedade, orientar a estes enfermos ante as dificultades así como potenciar a súa participación en distintas actividades lúdicas; así mesmo,  tamén buscan a concienciación da sociedade mediante información para liquidar as dúbidas existentes acerca da enfermidade. 




Imágenes asociadas

Tódolos dereitos reservados Aviso legal - 2018 - info_galisenior@galisenior.es