Obxectivos Galisenior 2018
XERAIS:
- Servir de plataforma para que as persoas maiores manifesten as súas necesidades, co fin de axustar as políticas públicas e as ofertas empresariais ás mesmas.
- Promocionar un estilo de vida preventivo para fomentar un envellecemento saudable da poboación.
- Sensibilización e formación dos colectivos profesionais implicados na prevención e detección da dependencia e da fraxilidade.
- Implementar propostas de carácter innovador que dean resposta ós novos retos sociodemográficos dende o I+D.
- Informar ós profesionais, ós usuarios e ás súas familias dos novos recursos, servizos, produtos e tecnoloxías dispoñibles para satisfacer as súas demandas.
- Promover a sensibilización e a formación en todos os colectivos profesionais implicados na prevención e detección da dependencia e na promoción da autonomía persoal.
ESPECÍFICOS:
- Fomentar a colaboración, compromiso e intercambio de experiencias entre profesionais, administración e outras entidades implicadas en Galicia na Atención ás Persoas Maiores.
- Crear un foro de intercambio de opinión onde se aborden as últimas tendencias nos distintos aspectos que interveñen na atención xeriátrica.
- Divulgar todos os recursos, servizos e novas tecnoloxías que poden incrementar a calidade de vida dos maiores galegos.
- Facilitar o acceso das persoas de idade avanzada a información que lles sexa útil para dar resposta ás súas inquetudes esenciais: asistencia, saúde, apoio social, cultura, ocio…
- Promover a participación dos propios maiores na sociedade actual a través do asociacionismo e voluntariado, como medios de intervención social.
- Suscitar neste colectivo social unha reflexión arredor do seu propio rol no mundo actual.
- Impulsar unha imaxe positiva e máis acorde coa realidade actual dos nosos maiores.